O CEIP Miguel Hernandez de Leganés (Madrid) instalou PicarOS na súa aula de informatica.

O CEIP Miguel Hernandez de Leganés (Madrid) instalou PicarOS na súa aula de informatica.

O equipo de desenvolvemento de GALPon MiniNo e PicarOS, manifestamos o noso dó polo pasamento de Ian, pioneiro e fundador de Debian, proxecto no que se basean os nosos desenvolvementos, sen dúbida a máis importante e influente distribución de código libre ao longo do tempo. Non só o software senón sobre todo os principios e as ideas de cooperación, a de compartir recursos e coñecemento na procura dun mundo máis libre, seguro e democrático seguirán entre nós como apreciada herdanza.
Demo dunha versión de PícarOS preparada para tablet. Neste caso concreto tratase dunha ACER P3 cun i3. En breve publicaremos unha imaxe para que poidades probala Xa está dispoñíbel a imaxe en http://minino.galpon.org/public/PicarOS/TEST/picaros-4t.iso.
Xa son 16 os vídeotitoriais de PicarOS Linux na canle de Youtube
Hoxe deu comezo un curso sobre «Creación de blogs educativos y aplicación del Software Libre a pie de aula» que se celebrará no CPEIP «San Bartolomé» de Ribaforada en Navarra.
Este curso terá continuidade os días 9 e 23 de novembro, 11 e 18 de xaneiro, 15, 22 e 29 de febreiro, e os días 4, 11, 25 e 27 de abril.
Este encontro anual dos que traballamos no desenvolvemento das 3 distribucións, para definir as liñas estratéxicas das distribucións, poñer en común os problemas que imos atopando e manter unha xornada de compañeirismo, imos celebralo o próximo sábado 26 de xullo nas dependencias da Residencia Altamar na Sala 2, Planta 6, Edif. Eldorado (Uruguai nº 8, Vigo).
En poucos día publicaremos a versión candidata da nosa distro, desta vez estará formada por dúas edicións:
Unha «mínima» que pode ser gravada nun CD
Unha «full» que precisa ser gravada nun DVD ou USB
De todos os xeitos, a edición «mínima» incorporará un script que permitirá, tras a instalación e estando conectado á Internet, facer uhna replica da instalación «full».
Xa estamos coa fase alfa da futura MiniNo 3.0, se queredes axudarnos a corrixir fallos, podedes descargala e informarnos no foro específico https://minino.galpon.org/es/forums/queiles
Podedes descargala de aquí: http://minino.galpon.org/public/MiniNo/Queiles/minino_queiles-3.0-alfa2.iso
E o ficheiro de comprobación md5: http://minino.galpon.org/public/MiniNo/Queiles/minino_queiles-3.0-alfa2.md5